Monday 13 de May de 2024

Primeira toma de contacto da Asociación Amigos do Camiño do Barbanza cos alcaldes da zona para recuperar a súa Ruta Xacobea


Un xantar de confraternidade celebrado nun local hostaleiro de Santa Uxía (El Gourmet Alján) serviu de primeira toma de contacto institucional entre a ‘Asociación Amigos do Camiño do Barbanza. A Orixe” e os alcaldes dos concellos do Barbanza e Sar (acudiron os de Riveira, A Pobra, Boiro, Rianxo e Padrón) con vistas a recuperar o antigo itinerario xacobeo que transitaba por este territorio.

Segundo manifestou Antonio González Millán en representación da citada asociación, o proxecto de recuperación do camiño leva detrás un exhaustivo traballo de investigación e documentación de dous anos que está a piques de cristalizar na marcaxe do traxecto.

O camiño —que descorre paralelo á ruta marítimo-fluvial pola que entraron os restos do Apóstolo Santiago— arranca en Corrubedo, berce da cidade asolagada de Valverde que está referenciada no Códice Calixtino no ‘Pseudo Turpini” e que en Iria Flavia entronca co camiño portugués.

Hai negociacións tanto co Arcebispado como coa Xunta de Galicia e xa se pode avanzar que aqueles que o realicen van poder obter a Compostela.

O camiño estará xalonado en 5 etapas de entre 20-25 kilómetros cada unha. Antes de que conclúa o presente ano realizarase unha presentación pública no que se dará conta das súas características.